Biblioteca Joanina da Universidade de Coímbra
Biblioteca barroca de estilo rococó que dispón os libros en estantes revestidos de pan de ouro. Por motivos de conservación as visitas están limitadas a 20 minutos. Foi un proxecto persoal do rei Joao V de Portugal no século XVIII para construir a biblioteca da Universidade de Coímbra dentro do pensamento ilustrado da época; o seu nome é unha homenaxe ó seu patrocinador. Actualmente pertence á Universidade de Coimbra e comparte edificio coa Facultade de Dereito. A sala é empregada para usos culturaIs sendo lugar ademáis de estudo e investigación destinado á realización de eventos musicais ou exposicións.
Como sistema de control de insectos dañinos para os libros a biblioteca é habitada por unha colonia de morcegos.
FONDOS
Unha primeira edición dos Lusíadas, unha Biblia hebrea do século XV, a Biblia Latina das 48 Líneas impresa en 1462 por dous socios de Gutenberg
70 000 volumes
UBICACIÓN
Largo da Porta Férrea
3000-447 Coimbra
CONTACTO
Comentarios
Publicar un comentario