Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Biblioteca dos Seminarios Diocesanos de Lugo e Mondoñedo

Imagen
                                                      fonte: bibliotecaseminariodelugo.org BIBLIOTECA DO SEMINARIO DIOCESANO DE LUGO  Constitúe un ben cultural de notable relevancia para a provincia de Lugo. Trátase dunha biblioteca de uso público e gratuito aínda que de titularidade privada pois pertence  á Iglesia. Fundada na Alta Edade Media é unha das máis antigas de Galicia. A biblioteca publica unha revista LVCENSIA de investigación e cultura con temáticas relacionadas coa provincia e a diócese FONDOS Biblioteca do obispo de Armañá (.XVIII) Biblioteca do obispo de Balanzá (s.XIX) 20 000 volumes especialmente de temas relixiosos e teoloxía LOCALIZACIÓN Seminario Diocesano de Lugo c/ Ángel López Pérez CONTACTO biblioteca@seminariodelugo.org A continuación podemos ver outra biblioteca diocesana de semellantes características situada no munic...

Biblioteca da Academia das Ciencias de Lisboa

Imagen
  Nace a consecuencia do espolio ás órdenes relixiosas realizado no ano 1814 polo estado portugués. Os fondos proceden da Academia das Ciencias de Lisboa e da Librería do Convento de Xesús tras a disolución das órdenes relixiosas sendo ampliado tras a súa adquisición. FONDO Libros do século XIV a XVI Pergamino do século XII doación da raíña Dna. Teresa O fondo está constituido por máis de 1 000 000 de volumes Atlas de Lázaro Luis(s.XVI) UBICACIÓN Rua da Academia das Ciências, 19 1249-122, Lisboa             

Biblioteca Joanina da Universidade de Coímbra

Imagen
  Biblioteca barroca de estilo rococó que dispón os libros en estantes revestidos de pan de ouro. Por motivos de conservación as visitas están limitadas a 20 minutos. Foi un proxecto persoal do rei Joao V de Portugal no século XVIII para construir a biblioteca da Universidade de Coímbra dentro do pensamento ilustrado da época; o seu nome é unha homenaxe ó seu patrocinador. Actualmente pertence á Universidade de Coimbra e comparte edificio coa Facultade de Dereito. A sala é empregada para usos culturaIs sendo lugar ademáis de estudo e investigación destinado á realización de eventos musicais ou exposicións.  Como sistema de control de insectos dañinos para os libros a biblioteca é habitada por unha colonia de morcegos. FONDOS Unha primeira edición dos Lusíadas, unha Biblia hebrea do século XV, a Biblia Latina das 48 Líneas impresa en 1462 por dous socios de Gutenberg 70 000 volumes UBICACIÓN Largo da Porta Férrea 3000-447 Coimbra CONTACTO +351 239 859 841 www.uc.pt/en

Biblioteca Real Monástica do Palacio Nacional de Mafra

Imagen
  É considerada como  Monumento Nacional e declarada Patrimonio da Humanidade en 2019   sendo unha das bibliotecas máis importantes de Europa . Situada no segundo piso do Palacio, é a estancia máis relevante impregnada do estilo rococó con os exemplares encuadernados en coiro no taller local do palacio (a Livraria) Como particularidade podemos destacar o sistema de loita biolóxica contra os insectos para protexer os libros a partir dunha colonia de morcegos que residen na biblioteca. FONDOS 36 000 libros entre o século XV e XVIII Rarezas: incunables como unha Biblia políglota de 1514,  «Crónica de Nuremberg» (14939,   a primeira enciclopedia  Diderot et D’Alembert, Libros de Horas Iluminadas do século XV  e un compendio de máis de 1000  libros prohibidos na súa época pero cunha autorización por escrito do  Papa Benedicto XIV en 1754 ó rei de Portugal para custodialos Partituras ma nuscritas de grandes compositores portugueses como ...

Biblioteca América, Santiago de Compostela

Imagen
  Creada en 1907 por Gumersindo Busto, filántropo e emigrante galego en América que procuraba transportar a América a partir da colección de libros e obxetos de diversa índole transportados dende o continente americano. A biblioteca foi aberta ó público en 1926. FONDO  Obras de botánica, manuais de dereito, libros de medicina, folletos sobre obras públicas  Coleccións como colección numismática e cartográfica ademáis de obxetos de orixen americano como lanzas, arpóns e arcos. Custodia o libro máis antigo de Compostela, "O Libro das Horas" de      Fernando I de León, datado a mediados do século XI. UBICACIÓN Edificio de Fonseca, Santiago de Compostela

Biblioteca do Seminario de Ourense

Imagen
  Fonte: blog do Seminario de Ourense É unha das bibliotecas máis antiguas de Galicia, fundada no ano 1804. É de titularidade privada pertencente á Iglesia que tamén a xestiona pero recibe fondos e subvencións públicas. FONDO  Cerca de 40 000 volúmenes Especializada en temática relixiosa Edicións dos séculos XVI ó XIX UBICACIÓN Seminario Maior de Ourense, carretera do Seminario, 20, Ourense CONTACTO 988 22 27 50

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

Imagen
  A biblioteca está vinculada á universidade de Santiago de Compostela, foi fundada en 1769, coñecida como a Biblioteca de la Central durante o século XIX, pasou a ser sala de lectura no ano 1924. Forma parte do Patrimonio Histórico da USC e como tal ademáis de seguir cun uso de biblioteca universitaria, recibe visitas guiadas dentro do programa "Universidades Vivas" UBICACIÓN Travesía da Universidade, Santiago de Compostela CONTACTO 881 811 000 // visitas: 881 816 328

Biblioteca Municipal Central de Jerez de la Frontera

Imagen
Fonte Diario de Jerez Inagurada en 1873 é a biblioteca máis antiga das xestionadas polos concellos andaluces. No ano 1875 vese obligada a devolver os libros expropiados á iglesia durante a desamortización, pechando a biblioteca ó quedar sen fondos; sen embargo o alcalde Miguel de la Herranz inicia unha campaña para que os habitantes da cidade donen libros á biblioteca e tal é o éxito da iniciativa que esta volta a abrir transcurrido apenas un ano.  FONDOS Máis de 188 000 pezas Fondo Antigo composto por unhas 37 000 pezas entre o século XV e XIX Periódicos do século XIX e XX 77 500 diapositivas donadas polo pintor José Fernández Lira UBICACIÓN Alameda del Banco 7-8 11403 Jerez de la Frontera, Cádiz CONTACTO Teléfono: 956 14 99 70/71  biblioteca.jerez@aytojerez.es  

Biblioteca Pública Arús, Barcelona

Imagen
Fonte Timeout.es Fundada no ano 1895 coa vontade de instruir á población de Barcelona por Rossend Arús.  FONDOS Biblioteca especializada para a investigación da masonería, o movemento obreiro, anarquismo e Sherlock Holmes Exemplares do século XIX e primer tercio do XX UBICACIÓN   Pg. de St. Joan, 26, 08010 Barcelona CONTACTO  932565950

Biblioteca Menéndez Pelayo

Imagen
  Recebe o nome do seu impulsor e propietario Marcelino Menéndez Pelayo, intelectual español de finais do século XIX e comezos do XX que donouna xunto co edificio e áreas verdes do mesmo a súa morte á cidade de Santander. Ten un importante fondo adicado ás Humanidades e ó Pensamento histórico e literario, disciplinas ás que se adicaba Menéndez Pelayo. Como curiosidade tamén deixou rexistrado no testamento que a biblioteca non debería ser alterada con novos fondos UBICACIÓN  Calle Rubio 6, 39001, Santander, Cantabria. CONTACTO Teléfono: +34 942 23 45 34 E-mail: biblioteca-mp@santander.es

Biblioteca Nacional de España

Imagen
                                                                         Fonte Wikipedia Nace no 1711 da man de Felipe V como Real Biblioteca Pública. Antes de que xurdira o depósito legal esta era a biblioteca onde por vontade do rei debía ser depositado unha copia de cada exemplar editado en España. No ano 1836 pasa da propiedade do rei ás mans públicas e denomínase Biblioteca Nacional. FONDOS Incunables anteriores a 1501 A colección máis importante de manuscritos hispánicos Mapas antigos Partituras manuscritas UBICACIÓN Paseo de Recoletos, Madrid

Biblioteca do Monasterio de Yuso, La Rioja

Imagen
  Fonte  fsanmillan.es/biblioteca-monastica/ O Monasterio do Yuste foi declarado Patrimonio da Humanidade entre outras cousas pola gran cantidade de manuscritos xenerados nas súas instalacións que o fan ser considerado un dos berces do castelán antigo. A súa biblioteca tamén é coñecida como a Biblioteca Emilianensi. Tivo unha intensa actividade de copistería nos séculos XII e XIII, algúns copiados no propio mosterio e outros remitidos dende outros centros dependentes deste cenobio. Entre os anos 1835 e 1878 a biblioteca foi saqueada debido ó seu estado de abandono, pero posteriormente os agustiños que habitaron o monasterio recuperaron moitos destes volumes. Actualmente é xestionada pola Fundación San Millán da Cogolla. FONDOS  Entre 10 000 e 12 000 exemplares de gran valor Cantorais e códicex antigos UBICACIÓN   Monasterio de Yuso, Calle Prestiño, 8, 26326, San Millán de la Cogolla, La Rioja

Biblioteca da Real Casa do Consulado de A Coruña

Imagen
   Fonte web do concello de A Coruña Fundada en 1806 baixo o auspicio do Real Consulado do Mar e da Terra, é a primeira biblioteca pública fundada en A Coruña. Declarada pola Xunta como Ben de Especial Interés para Galicia, segue sendo xestionada pola fundación que lle deu orixen que é ademáis a fundación cultural privada máis antiga de España. FONDOS Legado de Juana de Vega Edicións recopiladas a partir do século XV UBICACIÓN E CONTACTO Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1 baixo Biblioteca de la Casa Consuladoç TELÉFONO : 981 206 274 CORREO ELECTRÓNICO : bibliocasaconsulado@gmail.com

Biblioteca do Mosteiro de San Lorenzo do Escorial

Imagen
  Fonte Patrimonio Nacional.es Fundada no século XVI por Felipe II conocido pola súa afición ao coleccionismo e o seu pensamento humanista, co obxetivo de crear unha biblioteca rexia e un espazo de estudio e traballo científico Actualmente pertence a Patrimonio Nacional FONDOS Manuscritos latinos, gregos, hebreos, árabes, casteláns e noutras linguas Máis de 40 000 volumes de edicións impresas do século XV e XVI 2.729 exemplares do século XVII Todo libro editado durante o reinado de Carlos III debía ter un exemplar na biblioteca UBICACIÓN E CONTACTO Real Biblioteca del Monasterio de San Lorenzo de El Escorial Avda. D. Juan de Borbón y Battenberg, 1. 28200 – San Lorenzo de El Escorial (Madrid) Web https://www.patrimonionacional.es/coleccion/real-biblioteca-del-monasterio-de-el-escorial Teléfono : 918905011 Mail    laurentina@rbmescorial.com ;  biblioteca.escorial@patrimonionacional.es

Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca, a biblioteca universitaria máis antiga de España

Imagen
Fonte Facebook Alumni Universidad de Salamanca Creada no ano 1254 como estación de libros a partir da Carta Magna de Alfonso X  coa función de manter exemplares para a consulta da Universidade de Salamanca.  A partir dos anos cincuenta do século pasado será a Biblioteca Xeral da Universidade para constituirse como centro de investigación, custodia e difusión no ano 1995. No ano 2006 adquire o nome actual de Biblioteca Xeral Histórica.  FONDOS DE INTERÉS Coleccións do Colexio Real da Compañía de Xesús de Salamanca (dende finais do século XVIII) Coleccións dos colexios maiores e menores de Salamanca  (dende finais do século XVIII) Fondos históricos da Universidade Fondos anteriores a 1958 considerados parte del Patrimonio Histórico Español Fondos desamortizados Oficina de la Propiedad Literaria salmantina Depósito Legal (1958 a 1982) UBICACIÓN E CONTACTO Universidad de Salamanca Edificio Escuelas Mayores C/ Libreros s/n. 37008. Salamanca Tel. +34 923 294500 Ext. 1195 h...